miércoles, 30 de marzo de 2011

Comparación bachiller con ciclo de grado medio

Aquí tes uns cadros onde poderás compara-lo BACHARELATO coa FP de GRAO MEDIO e, coa información que tes, ir facendo unha primeira aproximación de decisión.


VARIABLE
BACHARELATO
CICLOS FORMATIVOS (GM)


Gusto
polo
estudo
ALTO
Terás que estar disposta/o a seguir profundando nas distintas materias, co obxectivo, a curto prazo, de aprender contidos , procedementos e actitudes que capacitan para enfrontarse con éxito aos estudios superiores vinculados coa modalidade escollida.
MEDIO
Aínda que o nivel de dificultade poida ser igual, déixanse as materias clásicas. A novidade , por unha parte, e , pola outra, o contacto coa profesión preferida, son motivos, ás veces suficientes, para superar posibles desmotivacións (especialmente para aqueles con pouco gusto polos “libros”)

Capacidade
de
estudio
ALTA
Como o demanda o alto nivel de coñecementos que hai que adquirir neste nivel académico
MEDIO-ALTA
Como o esixe o coñecemento e a adquisición das habilidades propias dunha especialidade laboral determinada; a maioría con certa complexidade e dun nivel de especialización acorde coas demandas laborais actuais.

Incorporación
ao
mundo
laboral
A LONGO PRAZO
Bacharelato + FP. Grao Superior = 4 anos mínimo (2+2)
Bacharelato + Grao = 6 anos mínimo (2+4)
Bacharelato + Grao+Máster = 8 anos mínimo
(2+4+2)
A MEDIO  PRAZO
Rematado o Ciclo, uns dous anos mínimo, variando o número de horas segundo o ciclo escollido



Aspiracións
persoais
laborais
MÁXIMAS
Se se remata e se completa con outros estudios, universitarios ou de FP de Grao Superior, pódense alcanzar postos de responsabilidade, e alto/moi alto nivel de cualificación
MEDIO-ALTAS-MÁXIMAS
Na actualidade, a gran maioría que escolle un Ciclo Medio sen facer o Bacharelato, non segue estudando e busca traballo de técnico na especialidade estudada.
En teoría, mediante unha proba específica,  ao rematar o Ciclo Medio pódese pasar a un Ciclo Superior e deste a unha carreira universitaria. Así que, superada esa proba (que pide coñecementos a nivel de Bacharelato), e máis lentamente, podes chegar aos mesmos postos que coa opción de Bacharelato


No hay comentarios:

Publicar un comentario