Tomar unha decisión tan importante non é tan doado, tres de cada catro estudantes equivócanse de carreira, dous de cada tres perden alomenos un ano e un de cada dous non sabe que estudar.
Pero non te preocupes, non é tan terrible.
Para elexir ben tes que traballar os tres bloques:
a. Empeza por coñecerte.
É imposible elexir ben un estudo superior sen saber:
o Cómo somos.
o Qué queremos facer na vida.
Por tanto, analiza os seguintes aspectos:
o Intereses.
o Capacidades.
o Notas.
Para coñecer os intereses e as capacidades, serán moi útiles os test feitos co orientador co programa Orienta 2010/2011, e as probas do SAVVI.
b. Coñece tódalas alternativas.
Tes que coñecer tódolos estudos aos que podes acceder e ír eliminando aqueles que non te interesen nada, pero é moi importante que coñezas tódalas opcións e de que se tratan.
c. Recaba a máxima información da cada carreira.
Unha vez seleccionada unha ou varias carreiras, polo xeral entre tres e cinco carreiras, profundiza en cada unha delas. Tes que saber:
o A finalidade dese estudio.
o Dificultade da carrreira.
o As materias que hai que estudar (o plano de estudos).
o As materias máis difíciles.
o O “tipo de estudante” que cursa esa carreira. ( pódelo atopar nos planos de estudos e nas páxinas web de cada universidade).
o O mercado de traballo, saídas laborais: sectores e funcións.
o Pasarelas a outras titulacións.
o Universidades ou centros de formación onde se imparten.
o Diferencias entre as distintas Universidades. (materias optativas, especialidades, cursos complementarios, instalacións...)
o Custos e becas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario