domingo, 3 de abril de 2011

INFÓRMATE E DECIDE. ¿E o curso que vén qué?

Tomar esta decisión non é algo que debas  facer ti só, nin precipitadamente (“xa o decidirei ó rematar o curso” é un gran erro). Tes que valorar as túas capacidades para non escoller un camiño demasiado difícil ou “imposible” para ti.

Tamén é importante o esforzo que ti esteas disposto a facer, xa que unha capacidade insuficiente se pode correxir cun maior esforzo. Se estás motivado e tes uns intereses moi claros sobre o que queres facer terás moitas posibilidades para logralo, xa que cunha boa organización para o estudo e as técnicas edecuadas para aprender superarás a maior parte do que te propoñas.

O abandono dos estudos de bacharelato o dos Ciclos Formativos na maior parte dos caso é pola falta de interese, de non ter claro qué queremos facer ou qué queremos ser, pola falta de esforzo, capacidade de sacrificio, unha baixa autoestima...


Un aspecto moi importante na toma de decisións é que dialogues coa túa familia sobre as seguintes cuestións:
1.      Informa á túa familia (a partir deste documento) de todas as opcións que existen e ás que terías acceso.
2.      Móstralles que es responsable e capaz de tomar unha decisión de maneira consensuada con eles.
3.      É importante que os teus pais se interesen polos teus estudos consultando as dúbidas que teñan ó titor ou o orientador.
4.      Pídelles orientación ou consello. Eles queren o mellor para ti.
5.      Estudia con eles todas as posibilidades antes de tomar unha decisión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario