domingo, 3 de abril de 2011

Oposicións

Con 18  anos cumpridos e dependendo  da  túa  titulación  académica podes  acceder  a  un posto  de  traballo como funcionario/a nas  administracións  públicas (ministerios,comunidades autónomas, deputacións, concellos...)
            O  sistema  de  acceso  é  polo  xeral  mediante  oposición  ou  concurso-oposición.
Convócanse unha oferta de prazas para os diferentes postos (administrativo, carteiro, celador,
bombeiro,  conserxe,  policía...)  e  se  cumpres  os  requisitos  mínimos  podes  presentarte aos
exames da oposición feita a matriculación nos prazos propostos pola administración.
            As  oposicións  son  procesos  de  selección  que  poden  constar  de  varias  probas, 
dependendo do tipo de traballo. 
            Podes  atopar  información  nos  diferentes  diarios  oficiais  das  administracións:  Boletín Oficial do Estado (BOE),  Diario Oficial de Galicia (DOG), 
            Na  oferta  de  emprego  público  existen  cinco  tipos  de  corpos,  que  corresponden  ás  cinco  escalas nas que se require titulación diferente.

CORPO  ESCALA  TITULACIÓN REQUERIDA
Grupo A          Técnica                        Licenciatura, arquitectura ou enxeñería
Grupo B          Técnica media               Diplomatura, enxeñería técnica ou arquitectura técnica
Grupo C          Administrativa              Bacharelato ou Título de Técnico Superior (CFGS) 
Grupo D          Auxiliar                         Graduada/o en ESO ou Título de Técnica/o (CFGM)
Grupo E          Subalternos                   Certificado de escolaridade.

Podes atopar máis información en: www.buscaoposiciones.com

Na convocatoria indícase:
- Sistema de selección: oposición, concurso ou concurso-oposición.
- As  probas  a  superar: dependendo  da  oposición pode constar  de test  psicotécnicos,
temas a desenvolver, supostos prácticos, probas físicas...
- Calendario das probas.
- Requisitos dos candidatos.
- Lugar e data de presentación das solicitudes

No hay comentarios:

Publicar un comentario