domingo, 3 de abril de 2011

Estudos de réxime especial

 Ensinanzas de grao medio Música e Danza.

Condicións de acceso:

• Para  iniciar os  estudos  de  grao  medio  será  preciso  superar  unha  proba.  Poderán matricularse  nesta proba  os  alumnos  de réxime regrado e  os  candidatos de réxime  non regrado. 
• Poderá  accederse,  tamén mediante proba, a  calquera  outro curso de grao  medio sen ter superados os anteriores. 
• Non hai límite de idade no acceso ao grao medio. 
Proba de acceso  ao  1º  curso.  Realizarase  nunha  convocatoria anual  no  mes de xuño.  O centro  publicará  con  anterioridade  á  matrícula o  número  de  vacantes  por  cada  especialidade. 
A proba terá dúas par tes: A. Especialidades instrumentais e B. Canto.

 En Ourense:

Conservatorio  de  Música  Profesional  de  Ourense.  Grao  Medio  de:  Frauta  traveseira,  Óboe, Clarinete,  Fagot,  Saxofón,  Trompa,  Trompeta,  Trombón,  Tuba,  Violín,  Viola,  Violoncello, Contrabaixo, Piano, Acordeón, Guitarra, percusión, Canto, Instrumentos de Puga, Clave. 

 Artes Plásticas e Deseño.

As  Ensinanzas  de  Artes  Plásticas  e  Deseño  teñen unha estrutura  semellante  á  da  Formación Profesional  Específica e comprenden un  conxunto  de  Ciclos  Formativos que se  organizan en Módulos  Profesionais  cunha  formación  teórico-práctica  e  dunha  duración  que  estará  en función da natureza da competencia profesional característica do título correspondente.
Accédese  mediante  o  título  de  graduado  en  ESO  ou  equivalente  e  ademais  superar  a  proba específica que consta de 3 exercicios:
- 1º exercicio: desenvolver  por escrito  un tema  sobre artes plásticas e  coñecementos
histórico-artísticos. 
- 2º  exercicio:  realizar  debuxos  e  bosquexos  sobre  un  tema  proposto  par  a  súa
posterior aplicación. 
- 3º exercicio: execución con bosquexos e debuxos realizados no exercicio 2º.

En Ourense:

Escola de Arte Antonio Faílde. Av. da Universidade s/n. 32005. Ourense. 

- Ciclo Medio de Ebanistería.
- Ciclo superior de Mobiliario
- Ciclo Superior  de Decoración
- Ciclo Superior  de Ilustración.
- Ciclo Superior  de Fotografía.
- Ciclo Superior  de Gráfica Publicitaria.

Ciclos Medios en Galicia:

- C. M. Dourado e Policromía artística. (A Coruña).
- C. M. Procedemento de Xoiería Artística (Santiago de Compostela).
- C. M. Esmaltado sobre Metais (Santiago de Compostela).
- C. M. Serigrafía Artística (Lugo).

Máis información no seguinte ligazón:

                        http://www.edu.xunta.es/ea/

No hay comentarios:

Publicar un comentario